Cabalgata dos Reis Magos

Este ano, coma sempre, recibiremos a Cabalgata dos Reis Magos na nosa parroquia. Chegarán ao barrio de Coia ás 17:00, onde recibirán a acollida da veciñanza na Praza do Pobo.

Ás 17:30 está prevista a súa visita á Igrexa do Cristo da Vitoria, onde escoitarán os desexos e peticións dos nenos e nenas que agardan con ilusión renovada ano tras ano a máxica noite de Reis.

Non faltarán despois os caramelos e unha chocolatada para todas as amigas que se acheguen.

Animádevos!