Movemento Cidadán “O Noso Barrio”

Historia:

O Movemento Cidadán “O Noso Barrio” é unha asociación sen ánimo de lucro formada no seo da Parroquia Cristo da Vitoria, para dar resposta aos graves problemas sociais acontecidos polo rápido crecemento do barrio de Coia nos anos 70.

Misión:

– Colaborar na solución dos problemas derivados do urbanismo.

– Fomento de bens inmateriais, como: sentirse pobo ou parroquia, os valores artísticos culturais da parroquia, facendo para iso política de barrio e non partidista.

– Animación do sentido cívico, diante da veciñanza e a súa integración tanto no barrio como na cidade.

– Actividade tendente a obter unha estruturación urbana racional que sirva para unha maior calidade de vida.

– A concienciación política dos veciñanza.

– Colaborar con cantas institucións, fundacións ou asociacións que persigan obxectivos coincidentes.

– Contribuír e promover grupos de traballo, consagrados ao estudo de temas determinados dentro da problemática da CULTURA, SOCIAL e ECOLOXICA en xeral.

– Realizar calquera outro tipo de actividade que resulte en beneficio do barrio de Coia, como o de axuda a familiares dos presos, enfermos, persoas sen recursos,..

– Organizar encontros para promoción da cultura Popular: Romaría da Bouza, Festa do Magosto, Festa do Entroido e Cabalgata dos Reis Magos.

– Organizar eventos para a mocidade: xornadas culturais, concertos, eventos deportivos.

– Convocar e manifestarse na rúa con fins reivindicativos.

– Actividades reivindicativas ante a Administración local e central para conseguir dotación de equipamento urbano.

– Contribuír e promover grupos de traballo, consagrados o estudo.

– Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Localización:

No Complexo Parroquial de Cristo da Vitoria. C/ Baiona, Nº 9, 36209  Vigo.

Deja un comentario