O vindeiro 28 de marzo, ás 20:30, temos unha cita co Planeta para amosar que a loita contra o Cambio Climático é posible.
Esta iniciativa de WWF é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia, na que participarán 1000 millóns de persoas. A Hora do Planeta 2009 involucrará aos gobernos, ciudadns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do quentamento global e esixir aos líderes políticos que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que sexa demasiado tarde. Ata o momento, máis de 1700 cidades de 80 países comprometéronse a apagar as luces dos seus edificios máis emblemáticos, como xesto simbólico de apoio á Hora do Planeta.
Máis info en: www.wwf.es/que_hacemos/cambio_climatico/la_hora_del_planeta_2009