Xuntanza de inicio de curso

Hoxe, sábado 24 de setembro, celebramos a nosa tradicional Xuntanza de inicio de curso. En torno a medio centenar de persoas reunímonos para compartir un pequeno almorzo e moitas conversas e compricidades e, a continuación, xuntámonos no interior da igrexa para proxectar o novo curso que está a comezar.

En primeiro lugar, dende o Ministerio de Espiritualidade liberadora propuxéronnos unha oración compartida que nos permitiu comezar a Xuntanza coa mellor actitude para a escoita e a reflexión. A continuación, os diversos ministros e ministras fixeron un breve recordatorio dos plans para o próximo curso, animándonos a participar e a propor iniciativas e comunicar todas as informacións que nos parecesen de interese para toda a comunidade.

Por último, varias persoas tomaron a palabra para aportar ideas, compartir inquedanzas e sumar ánimos e parabéns ao traballo desenvolvido e aos proxectos de futuro, no que todos e todas podemos participar.

Seguimos facendo camiño!