Comeza a catequese!

Comeza o curso e, con el, comeza a catequese. Inscricións abertas dende o día 19 ata o 30 de setembro, en horario de 20:00 a 21:00.

Trátase de facer comunidade dende a solidariedade, a horizontalidade, a fraternidade… para as nosas crianzas, para que sexan semente de futuro. Tamén dende a alegría e a esperanza, nestes tempos de crise. Porque elas e eles merecen un mundo mellor e poden comezar a vivilo aquí e agora. Non o perdades!