Asemblea parroquial

Hoxe, sábado 11 de xuño, celebramos a asemblea parroquial de fin de curso, coa que tratamos de recoller a memoria do feito ao longo do ano dende os diversos ministerios que aglutinan as actividades da parroquia do Cristo da Vitoria. Tamén se fixeron apostas de futuro, propostas para desenvolver no próximo curso co ánimo de seguir a traballar polo Reino, de forma horizontal e comunitaria.

Foron precisamente as intervencións ao longo da asemblea de moitas das presentes as que serviron para ampliar os puntos de vista, para ofrecer miradas distintas pero complementarias, alimentando e perfilando así as propostas emanadas dende os ministerios parroquiais. O debate foi enriquecedor e construtivo. E conseguimos o obxectivo proposto: trazar liñas de traballo para o próximo curso coas que todos e todas poidamos sentirnos identificados.

A asemblea deu paso, como non podía ser doutro modo, a un xantar compartido, ao aire libre, aproveitando a preciosa tarde de xuño que xa anunciaba o verán. A comida, a festa, as conversas, os xogos da rapazada, os cantos e os bailes foron o peche perfecto para unha xornada na que seguimos a facer comunidade, lembrando o moito feito e proxectando o futuro por construír, sen esquecer o primeiro: compartir a vida, poñer a vida no centro