Manifesto polo traballo decente

Con motivo deste 1º de maio, as organizacións promotoras da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente veñen de publicar un manifesto que titularon: «Sen compromiso non hai traballo decente».

Entre outras cuestións, subliñan a precariedade do mercado laboral, que ofrece empregos en condicións indignas. Neste contexto, resaltan a difícil situación das persoas máis novas, en especial das mulleres, así como de moitas familias que teñen a todos os seus membros en situación de desemprego. A exclusión é máis grave no caso das persoas estranxeiras, en particular aquelas que non teñen regularizada a súa situación.

Ante esta situación, as compañeiras e compañeiros da HOAC Galicia, que nos remiten o manifesto, esixen, xunto ás outras organizacións desta iniciativa do ámbito cristián: igualdade salarial entre homes e mulleres, creación de emprego xuvenil de calidade, promoción dunha contorna de traballo seguro, que as persoas empregadas no fogar teñan os mesmos dereitos laborais que o resto das traballadoras e traballadores, a regularización urxente das persoas migrantes en situación administrativa irregular, o acceso a medidas de protección social daquelas persoas desempregadas.

Tedes a continuación o manifesto completo: