40 anos da Coordinadora de Crentes Galeg@s

O sábado 23 de Abril celebramos o Encontro anual da Coordinadora de Crentes Galeg@s en Santiago. Este ano con máis motivo que nunca pois celebrabamos os 40 anos da súa existencia. Atopámonos persoas de Santiago, a Coruña e Vigo coa ausencia dos compañeir@s de Lugo e Ferrol. Foi unha ocasión especial por atoparnos en vivo e directo e xa podendo vernos as caras.

Pola mañá fixemos lembranza das experiencias e recordos deses 40 anos, analizamos a situación actual e proxectamos a nosa ollada cara o futuro. Ata lle cambiamos o nome á Coordinadora. Desde agora somos o Espazo de Encontro de Crentes Galeg@s e, coma sempre, seguimos abertos á participación de persoas que se animen a compartir as súas vivencias con xente de distintos grupos e parroquias.