O pasado 21 de marzo, día da Poesía, día feliz asociado ao comezo da primaveira, recibíamos -nun deses contrastes que nos lembran o mundo no que (mal)vivimos- unha triste nova: morría unha meniña de 2 anos, vítima das políticas migratorias, que chegara a Gran Canaria o martes anterior. O seu corazón case se para no caiuco, pero foi reanimado polos servizos de emerxencia -esa é a imaxe do fotoperiodista Borja Suárez que se recolle na fotografía- e aguantou latindo ata este domingo no Hospital Materno Infantil de Gran Canaria. Por desgraza, como dicimos, o día 21 de marzo deixaba de latir…
Koldobi Velasco, recoñecida activista canaria comprometida coas causas de todas as inxusticiadas, recolleu nuns versos os seus sentimentos, que facemos nosos. Nestes tempos de palabrería superficial e de barbarie moral en relación cos temas migratorios, palabrería e barbarie que inundan de lixo as redes sociais, unha poesía é talvez unha das mellores maneiras de construír ese outro mundo posible, necesario e cada vez máis urxente…
Parada del corazón
Estas políticas migratorias han vuelto a elegir muerte
Parada del corazón
Vendiendo armas el Norte, poniendo las muertas el Sur
Allá las que están , acá las que huyen
Parada del corazón
No llegan latidos para todas y todos
Pocos acumulan todo viviendo
Y todas en miseria, muriendo
Parada del corazón
La sangre no riega cultivos
Ahoga esperanzas, endurece los muros
Parada del corazón, parada de la vida
Y acá un grito que nos conmueva
Jamás corazón de piedra
O poema de Koldobi Velasco apareceu transcrito inicialmente na páxina Somosnadie.com