As nosas amigas do Comité Óscar Romero de Vigo achégannos o último número dos «Ocotes», o nº 108, que presentan así:
Desde o #Ecuador plurinacional, pluricultural, digno e resistente ante as arremetidas do neoliberalismo capitalista e patriarcal, envíannos con moito gusto esta obra sinfónica que reflicte as vidas dalgunhas persoas cuxa memoria, pola súa traxectoria e compromiso, sentimos necesario manter viva: elas e eles seguen sendo unha referencia hoxe.
Nós compartímolo.
Un abrazo solidario
Comités Óscar Romero
Aquí o tedes para a vosa lectura. Que a disfrutedes!