Círculo de Silencio polas persoas refuxiadas

Hoxe celébrase o Día mundial das persoas refuxiadas, que padecen unha situación de violencia institucional por parte dunha Europa fortaleza incapaz de ser coherente coa súa tan pregonada defensa dos dereitos humanos.

Para conmemorar esa data, e en solidariedade coas persoas refuxiadas, a Rede Social Galicia Sur, á que pertence a nosa parroquia, convocou un Círculo de Silencio o pasado venres día 18 ás 20:00 na farola de Urzáiz.

Alí nos reunimos unha treintena de persoas, que co noso silencio quixemos lanzar un grito de protesta e indignación ante unhas políticas criminais que non teñen a menor consideración cos dereitos máis básicos das persoas refuxiadas.

Foi unha oportunidade para amosar o noso compromiso coas persoas refuxiadas e migrantes que sufren exclusión, discriminación, violencia e privación da libertade, en medio do esquecemento dunha maioría que parece terse esquecido delas.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes e o texto do manifesto que se leu ao final do acto.