A piques de entrar de cheo no nadal, e tras varios meses de nos que as ministras e ministros tiveron a primeira toma de contacto cos seus quefaceres, reunímonos o sábado 15 de decembro para que nos contasen as súas primeiras impresións e desexos para os próximos tres anos.
Comenzamos a xornada compartindo un bo almorzo, cun rico cafeciño para os máis dormilóns e un doce chocolate para os máis golosos. Despois de “pór o corpo a tono” puxémonos en situación coa correspondente oración e canto.
Sen máis dilación, todas as presentes puxemos toda a nosa atención no que Diego, Gini, Tere, Ana Belén e Fran ían contarnos. As cinco repasaron a visión global do seu ministerio, nos contaron as cousas que xa tiñan en marcha (porque a comunidade é un ente vivo que demanda día a día), e nos presentaron os retos de futuro que os diversos equipos de traballo elaboraron; mostrando obxectivos, accións e establecendo o criterio temporal para acometelas.
Con algunha achega para pórlle a guinda aos diversos plans, todos foron aprobados por unanimidade; mostra do bo traballo realizado nos diversos ministerios e da vontade e apoio de todas as persoas das comunidades para coas diversas ministras e ministros.
Dimos un pequeno paso adiante, han de vir moitos máis.
Esperamos dalos xunta a ti!