Comeza o Advento e polo tanto , tempo de encontro. Acción Verapaz Vigo é a encargada de levar a cabo e animar a Campaña de Nadal.
O outro día suxerironnos que nos puxésemos as gafas da empatía e hoxe somos nos quen volo pedimos.
Ichina é unha comunidade ao oeste de Zaire. A maioría da poboación vive da agricultura e das súas colleitas. Polo tanto , a maioría das familias non teñen oportunidade de mandar aos seus fillos á escola. Pero dende o ano pasado e grazas ao traballo das relixiosas da caridade de Mª Inmaculada existe un colexio que alberga a un centenar de nenos. Pero quérese ir un paso máis adiante e por eso xorde o proxecto de producción avícola para o sostemento da escola infantil, coma unha fonte de ingresos e alimentos. Poste que nesa zona e moi adecuada a venta de polos e ovos xa que son importados de Uganda , co obxectivo de que esta comunidade aumento o seu nivel de vida e haxa máis nenos que poidan ir á escola.
A idea é construir un galiñeiro e a compra dos animais e da súa alimentación. O presuposto e algo más de 16000€ , lonxe de recaudalos estes meses, pero farase o que se poida.
Cremos que é imporante botar unha mirada cara o exterior e porñernos esas gafas (que nós xa as levamos postas) para poñernos ao carón das que sofren.
Pensaredes ¿como podemos colaborar? ¿Se están noutro continente e nos aquí? Pois moi sinxelo, ademáis da parte económica que bendita sexa e haberá merchandising. Este ano a nosa máxima é que a campaña se extenda o máximo posible e por iso os necesitamos.
Porque NOS IMPORTA UN HUEVO a educación e , sobre todo, as das máis novas. ¿E A VÓS?
Remantando con esta frase de Mª Teresa de Calcuta » A veces sentimos que lo que hacemos es tan solo una gota en el mar , pero el mar sería menos si faltara esa gota»
Contamos con vós !!!!!