Roteiro pola industria na Coia antiga

Este venres 27 maio hai convocado un roteiro para repasar a industria na Coia antiga.

Saída > 18:00 da fábrica Bernardo Alfageme (r/Tomás Alonso). Chegada > 19:30 ao solar de REYMAN (avenida Castelao)

O vindeiro venres día 27 de maio ás 6 da tarde, partindo dende a factoría de Alfageme na rúa Tomás Alonso, desenvolveremos un roteiro seguindo a pista das industrias do barrio de Coia. Faremos un pequeno percorrido, no que poderemos contemplar arquitecturas de moito interese (asinadas por autores como Francisco Castro ou Gómez Román), pegadas dun pasado que pouco a pouco desaparece. Deste xeito, reflexionaremos sobre o rol do patrimonio arquitectónico na nosa sociedade.

Organizan: IES Alexandre Bóveda – roteiroporcoia.es – Espazo Alicerces – A.VV. O Torreiro de Coia