Achégase a Celebracion do Xubileu

O próximo dia 11 de xuño @s dominic@s de Galicia celebraremos os 800 anos da fundación que xa desde os seus comezos puxo os seus conventos nesta terra e no norte portugués. Con este motivo teremos un acto académico en Santo Domingo de Bonaval, unha charla sobre “A orde dominicana en Galicia: arte e fundacións” a cargo de Carmen Manso Porto da Real Academia da Historia. E a continuación unha comida fraterna no Colexio de La Salle. As 6 da tarde unha eucaristía no Mosteiro de Dominicas de Belvís presidida polo Provincial dos Dominicos de Hispania. Para estes actos contaremos coa participación da Coral “Ars Vocalis” do Centro Cultural “Rueiro” que entre outras pezas daranos a coñecer o Himno de Xubileu. Para a devandita xornada haberá autobuses desde A Coruña e Vigo. Podemos ir anotándonos para participar no despacho parroquial.