Moncho Valcarce, un crego con «fe revolucionaria»

A nosa comunidade tivo relación co movemento eclesial galego posterior ao Concilio Vaticano II. Dese movemento naceu posteriormente a Asemblea de Crentes Galegos e as Asociacions Irimia e Encrucillada. Piar importante deste movemento foi Moncho Valcarce, “revolucionario e místico” (así tituláronse as súas memorias publicadas en 1994 por “Encrucillada”).

Foi notable o seu apoio ao campesinado sobre todo no Conflito das Encrobas onde foi encarceado; foi no 1977. Morreu moi novo: 57 anos. Pero deixounos un estilo novo de ser galego, de ser crente e de ser “cura” (coidador da comunidade).

Podedes saber máis desta figura lendo os artigos publicados en Praza: Moncho Valcarce, un crego con «fe revolucionaria» e 20 anos sen Moncho Valcarce, o cura das Encrobas

20 anos sen Moncho Valcarce, o cura das Encrobas

Un comentario

  1. whoah this blog is excellent i love reading your articles. Keep up the good work! You know, lots of people are looking around for this info, you could help them greatly.

Los comentarios están cerrados.