Imán lembra os seus defuntiños

Coma todos os anos, o grupo IMÁN convoca un acto en lembranza dos compañeiros finados para o día de defuntos.

Será o venres 2 de novembro nos xardíns do pazo Quiñóns de León de Castrelos ao carón da pedra coa inscrición en latín «Fai agora o que quixeras ter feito cando morras»

Así presentan o acto: «No ámbito no que se move o noso traballo, desgraciadamente, é moi importante o número de mortes prematuras, debido ás pésimas condicións de vida, e ó nivel de pobreza extrema no que se atopan as persoas ás que queremos.

Por isto, parécenos importante dedicarlles a todos eles un instante de lembranza e homenaxe, que vemos facendo dende sempre o día 2 de Novembro.»

Un comentario

  1. My brother suggested I may like this blog. He used to be entirely right. This publish truly made my day. You can not believe simply how much time I had spent for this information! Thank you!

Los comentarios están cerrados.