Charla-obradoiro: «Consumo consciente para un mundo máis xusto»

A nosa comunidade leva un tempo reflexionando e en definitiva na procura de camiños para consumir dacordo aos nosos valores de respecto ao medio natural e a xustiza social.

Por isto na última asemblea decidimos avanzar neste terreo organizando unha charla obradoiro sobre esta temática. O resultado é que o sábado 1o de novembro a partires das 17h30 teremos a Belén Fervenza e Jacobo Ojea de Horta do Cadaval para axudarnos cunha charla-obradoiro co título: «Consumo consciente para un mundo máis xusto».

Logo haberá unha pequena degustación de produtos ecolóxicos á que agardamos chegar puidendo responderás preguntas que fixo Marieta Manso:

– En que época do ano prodúcense os tomates?

– De onde veñen as palomitas que se mastican molestamente no cine?

– Teñen as abellas algunha función máis alá da de nos molestas nas comidas de verán?

– Cantas voltan dan ao planeta os alimentos antes de que os consumamos?