Xa comezou a catequese!

Esta semana as distintas etapas da educación na fe na nosa comunidade deron comezo. Logo dun longo verán algúns volvemos a vernos as caras, coas gañas de pasar un curso 2012/13 cheo de aprendizaxes ao redor da figura de Xesús de Nazaret.

Malia que o prazo de inscrición rematou non dubidedes en falar cos coordinadores das distintas etapas para anotar aos vosos nenos e nenas, xa que botamos en falta a moita xente.