40 anos da primeira eucaristía

Mañá día 8 de Outubro fanse corenta anos da primeira eucaristía que celebramos os dominicos nesta Parroquia do Cristo da Victoria. Recibía este nome a Parroquia, porque o seu núcleo inicial foi o Grupo de Vivendas do Cristo da Victoria que tiña no seu interior unha escola na que se celebraba a eucaristía os domingos.

A primeira eucaristía dos Dominicos foi nesa escola e xa ao día seguinte as eucaristías e o labor parroquial trasladáronse á capela que nos cedeu o Instituto de Coia (entón provisionalmente Instituto de Santa Irene, mentres este, situado en Travesas, se remodelaba).

Despois de 40 anos nos gustaria celebrar que, como di Xesús na «parábola do gran de mostaza», o que empezou sendo «a máis pequena das sementes» creceu e se fixo «máis alta que as demais hortalizas, e botou ramas tan grandes que as aves do ceo puideron aniñar á súa sombra». Non temos moitos recordos gráficos dese día (non existía a fotografía dixital) pero temos este sinxelo documento gráfico desas datas. Ogallá póidanse cumprir en nós as palabras do noso amigo Xesús de Nazaret a quen recordamos con moito cariño todos os domingos.