Dende a Asociación AMARANTE SETEM e ARELA queremos convidarvos a tódolos colectivos e persoas interesadas ó Encontro sobre Débeda para afondar algo máis sobre este tema e coñecer o traballo dos distintos colectivos e ver de establecer estratexias e fronte común perante ás portas do rescate do estado español.
Encontro sobre débeda o sábado 6 de outubro
Horario: 10:00 – 14:00 horas.
Lugar: Asociación de Veciños A Xuntanza- Barrio de San Pedro – Santiago Compostela – (Corredoira das Fraguas, 37, baixo)
—
A trampa da débeda externa, tan denunciada nos países do Sur, e as súas consecuencias, xa está aquí.
Pola súa experiencia, sabemos que os cartos aforrados nos recortes e a través dos nosos impostos, non irá prioritariamente a cubrir todos os nosos servizos sociais senón ao pagamento da débeda. Por qué? É real esa débeda? É lexítima?
A experiencia máis recente a temos en Portugal ou Grecia, que cos novos plans de axuste estrutural e programas de austeridade, controlados por organismos externos a estes países, son un bo espello onde mirarse.
Ás portas do rescate do Estado español, financiado polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e deseñado pola Troika Europea, gustaríanos ter un encontro con todos os colectivos e persoas interesadas neste tema.
O obxectivo é poder encontrarnos, entender como funciona a débeda, saber que iniciativas se están a realizar dende as organizacións sociais, como a iniciativa da Plataforma pola Auditoría Cidadá, e ver se hai un interese por parte de todas as persoas por traballar este tema conxuntamente, dende o ámbito local ou nacional.
Por iso propomos:
Un encontro aberto tanto a colectivos como persoas interesadas.
Asistirán tamén dúas persoas da Rede Estatal sobre Débeda e da Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda.
Os puntos serían:
1. Palestra. Entendendo a débeda.
2. Presentación da iniciativa: Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda. Non debemos non pagamos!
3. Traballo por grupos: Que facemos ou que podemos facer dende os nosos colectivos? O traballo en rede.