5 e 6 outubro: Xornadas sobre consumo crítico e responsable

A Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento convídanos a participar o 5 e 6 de outubro nas Xornadas «Vivir mellor con menos» que se van celebrar en Compostela.

Así presentan as xornadas a xente da coordinadora: «Participa nas xornadas «Vivir mellor con menos: alternativas para un consumo crítico e responsable», un encontro no que haberá charlas, obradoiros, mesas redondas e unha feira de alternativas de consumo con postos de venta e información! Contaremos coa participación de Carlos Taibo (decrecemento), Marta Pascual (ecofeminismos), Antonio Hernández (Mercado Social Madrid), Lourdes Benavides (acaparamento de terras) e moitas outras persoas máis!

Tedes o problema completo neste enlace: http://www.galiciasolidaria.org/archivos/AXENDA%202012/Borrador%20programa%20xornadas%20consumo%20responsable+imaxes.pdf