O pasado martes o grupo IMÁN convocaba un acto en lembranza de Víctor Manuel, que facía unha semana que morrera nun banco da alameda viguesa. Era músico de rúa e aos 39 anos de idade morría na rúa vítima da pobreza e da inxustiza social.
Coa xente de IMÁN, acompañada por moita da nosa comunidade, honramos a Víctor coa música que tanto lle gustaba. Marcos Castro interpretou varios temas que encheron de emoción a moitos dos alí presentes.
Na convocatoria tamén houbo tempo para reivindicar a praza da Princesa como espazo público para disfrute da cidadanía, tras as declaracións dunha parte da clase política que ven problemático que moitas persoas obrigada a pasar todo o día na rúa ocupen ese espazo.
Como noutras ocasións vivimos que o duelo en común é máis sinxelo de levar.
Son solidario coa vosa magoa: Non souben da homenaxe,nenbargante súmome gostosamente a lembranza do voso compañeiro.
Cool blog! Is your theme custom made or did you download it from somewhere? A theme like yours with a few simple tweeks would really make my blog jump out. Please let me know where you got your design. With thanks