11/06 – Acto solidario de IMÁN

O grupo de autoapoio IMAN/CEDRO, convídanos a participar o LUNS, día 11, a partires das 18h30 nas escalinatas do Museo Marco, neste necesario acto solidario para recadar 550€ para pagar o aluguer da vivenda dunha familia con membros enfermos e sen recursos.

Cubramos cos nosos euros a casa casa de cartón.

Este acto solidario é tamén un acto de denuncia sobre a extrema pobreza á que estamos sometidos centos de cidadáns na actual crise de valores, política e de xustiza social.