Catequese 2011/12

Na primeira semana de outubro arrinca o curso de catequese 2011/12 na comunidade do Cristo da Victoria. Se queredes anotar aos vosos fillos e fillas pasade polo despacho parroquial en horario de 20h00 a 21h30, para facer a inscrición hai que traer 2€ para material e unha foto reciente (só para as novas inscricións). O prazo para facelas as inscricións nas distintas etapas da catequese remata o 30 de setembro.

Os horarios para o curso 2011/12 son os seguintes:

– Iniciación (2º primaria): martes de 19h00 a 20h00

– Comuñón (3º primaria): xoves de 19h00 a 20h00

– Poscomuñón (4º-5º-6º primaria): domingos de 11h00 a 12h15

– Preadolescentes (1º-2º-3º-4º ESO): domingos de 11h00 a 12h15

– Confirmación: a determinar

2 comentarios

  1. Ola a todos.
    Aledounos moito atopar o voso blogue.
    Pertenzo á parroquia de Mondariz e gustaríame poñerme en contacto con vós; estou buscando parroquias que traballen en galego e queiran compartir os seus traballos e vivencias. Temos unha páxina web (case dous) e un blogue con material que estivemos recollendo durante anos, chámase xanostesaqui (igual que o canto de catequese).
    Tamén esperamos que nos deades permiso para poñer a vosa ligazón na web e que vós poñades a nosa se vos interesa contactar con outras parroquias de Galicia.
    Para poñernos en contacto podedes mandarnos unhas letras a xanostesaqui@gmail.con
    Un saúdo e unha grande aperta desde Mondariz

    1. Vale, moitas grazas polo contacto. Difunde a nosa comunidade na web, ese é o noso obxectivo coa presenza na rede. Nuns días poremos o enlace á vosa web.
      Xa sabes onde estamos, a rede axuda pero sempre mellor o contacto persoal…

Los comentarios están cerrados.