Comezan as comuñóns 2011

O mes de maio acostuma a traer as comuñóns á nosa comunidade e este ano non imos perder o costume de facer estas celebracións cos nenos e nenas que rematan unha das primeiras etapas da educación na fe.

Ao redor de 60 rapaces e rapazas van celebrar en tres datas (14-21-28 de maio) a súa comuñón, nela estarán arropados ademais de polas súas familias pola comunidade que prepara estes eventos con especial agarimo. Todas as comuñóns comezarán ás 17h30 do serán.