Letras Galegas 2011

Queda unha semana para a celebración do día das Letras Galegas que este ano está dedicado ao poeta de Monforte Lois Pereiro. Para celebrar esta data Rueiro, Dorna e o Movemento Cidadán ofrecen unha variada oferta cultural:

Charla-coloquio sobre o poeta Lois Pereiro a cargo de Mª Carmen Panero (Profesora xubilada de E.M.), o xoves 12 de maio ás 20h00. Haberá sorteo de libros.

Noite das Letras Galegas (lectura de Poesías, contos e música galega), o luns 16 de maio ás 22h30. Ao remate haberá un pequeno refrixerio

Teatro: o grupo «Tarantela» de Beade presenta a obra: O cadaver do señor García», será o martes 17 de maio ás 19h30

Todos os actos serán no salón de actos do complexo Parroquial do Crsito da Victoria

Un comentario

Los comentarios están cerrados.