O grupo de autoapoio VIH/sida e adicción Imán da UAD do Concello de Vigo e a nosa comunidade desexamos facer público que o vindeiro martes 2 de novembro, día de defuntos, ás 18:00 da tarde levaremos a cabo unha ofrenda floral polos nosos defuntiños nos xardíns do museo Quiñones de León.
Xunto á pedra funeraria que ten esculpido en latín a reflexión “fai agora o que quixeras ter feito cando morras”, gardaremos 3 minutos de silencio en lembranza dos 63 compañeiros e compañeiras do grupo finados nos nosos 20 anos de andaina como colectivo e das 33 persoas sen teito finadas nos últimos anos, recordando os seus nomes en voz alta para honrar a súa memoria.
O músico Saúl Puga Amoedo interpretará 3 pezas musicais co seu contrabaixo e leremos un documento reflexivo sobre os coidados da saúde, a proteción da vida e a morte.
Aínda que chova este acto non se suspenderá.