Asemblea Comunidades Xuvenís 2010

Esta fin de semana as comunidades xuvenís da parroquia celebramos a Asemblea anual en Vilán na que reflexionamos sobre estilos de vida alternativos que se afasten da dinámica consumista á que nos leva o capitalismo.

Para a reflexión apoiámonos en dous textos: “Desechando lo desechable” e “Nosotros los inútiles” que deron pé á reflexión en común. Logo do parón para xantar, continuamos centrando o traballo en aspectos máis prácticos que posibiliten unha maior coherencia coas palabras que saíron na mañá.

Lembramos tamén que na asemblea do ano anterior chegaramos a acordos que ao longo do ano, fóronse cumprindo por toda a comunidade: participar en proxectos de banca ética, crear un taboleiro de economía alternativa, etc.