III Reconquista pirata, abordaxe contra a especulación!

Xogo Descuberto convídanos á III Reconquista pirata na que o vindeiro sábado 26 de Setembro unha horda pirata invadirá a praia do Vao as 17:00 horas co fin de rematar coa política de destrucción do noso litoral.

Un ano máis vémonos na obriga de uni-las nosas forzas e amosar a nosa repulsa ós proxectos urbanísticos que destrúen o noso patrimonio natural e cultural. A cotío asistimos perplexos a como os gobernantes burlan continuamente as súas propias leis construindo portos deportivos elitistas e ilegais, recheos masivos ou edificacións monstruosas que pechan as nosas vilas ó mar. Por todo isto animámosvos a participar con nós nesta protesta pacífica percorrendo a praia do Vao con vestimenta pirata. Non máis cemento na costa, rematemos con esta barbarie!!


Un comentario

  1. I’m really enjoying the design and layout of your site. It’s a very easy on the eyes which makes it much more pleasant for me to come here and visit more often. Did you hire out a designer to create your theme? Superb work!

Los comentarios están cerrados.