Campamento «Vilán 2009»

Abrimos o prazo de inscrición para o campamento «Vilán 2009» dirixido aos nenas e nenas de: 3º, 4º, 5º e 6º primaria, 1º ESO que terá as seguintes datas do 1 ao 10 de xullo.

O prazo de inscrición remata o día 19 de xuño (folla de inscrición na zona de «Descargas«) e o prezo do mesmo son 65 €.

O venres 5 de xuño, ás 8.30 da tarde faremos unha reunión de presentación e información dos campamentos. Asiste a ela se estás pensando enviar aos teus fillos. Mesmo se xa teñen ido te esperamos para que poidas aportar aos demais a túa experiencia.

– Ninguén que queira participar debe deixar de facelo por causas económicas. Esta comunidade atende calquera situación persoal. Soamente hai que dicilo.

– A saída dos autobuses é para todos ás 4.30 da tarde, e o regreso ao redor das 7.00 da tarde.