Dende a comunidade pretendemos iniciar aos máis cativos na Educación da Fe tratando temas sobre a vida de Xesús, valores cristiáns a través de cancións, debuxaremos, contaremos contos.
A catequese faise os domingos ás 12.30 na sala de xuntas II -ao carón do cine- e está dirixida ás nenas e nenos de entre 3 e 7 anos.
Este domingo xa podedes vir, estamos esperándovos!
Para acudir basta con que levedes aos rapaces, se queredes, os primeiros días, podedes estar un tempo con eles ou ben toda a hora mentres se van facendo coa actividade.
Horario para os próximos meses:
| Data | Tema |
| 2 marzo | A arca de Noé |
| 9 marzo | Todos somos diferentes |
| 6 abril | Natureza: A creación |
| 13 abril | Natureza: A primavera |
| 20 abril | Os nenos do mundo |
| 27 abril | Xesús e os nenos |
| 11 maio | Axudamos aos demais |
| 18 maio | Os amigos maiores fan a comuñón |
| 25 maio | Axudamos na casa |
| 1 xuño | Festa de despedida |
