Formación para educadores na Fe

Este ano na xornada anual de formadores contamos coa presenza de Míguel que veu falarnos da súa visión da infancia e da familia.

{mosimage}

Comezou presentando a súa vivencia familiar, un proxecto no que participan todos e onde a vida faise dende os nenos. Xunto a isto destacou a importancia dentro da súa familia dos valores: de sinceridade, de confianza nas capacidades dos nenos, dun proxecto familiar aberto ao barrio e veciños, da vivencia da fe a través do cotián, da creatividade…

Logo do café, Míguel presentou a experiencia do grupo cristiano no que participan. Este é un grupo de familias que pertencen á parroquia de Puente Ladrillo en Salamanca está marcado pola diversidade: de idades, dedicación profesional… Destacou a importancia de que os nenos vivan nunha comunidade deste tipo onde todos teñan un papel importante.

Despois do xantar común rematabamos a xornada deseñando entre todos o perfil do educador ideal. Aportáronse ideas tan interesantes como: a concepción da educación como encontro común, nun proceso de dobre dirección; a importancia de educar en libertade, dende o cariño e con sinceridade, o esencial de achegar as nosas experiencias de vida, de celebrar e compartir camiño cara a utopía…