O pasado sábado, 15 de novembro, o grupo AIDA dentro das actividades para celebrar a semana de África organizou unha degustación de comida.
Deste xeito os baixos da parroquia convertéronse no lugar ideal para percorrer África. Alí degustáronse máis de 20 pratos típicos dos diferentes países. No medio da festa, romperon os timbais, e a música e a danza estendéronse rápidadamente por todo o local.
Outra vez máis se comprobou, que África está en Vigo, e máis cocretamente moi preto de nós.