Xornadas dereitos sociais: 21-22 de novembro

Este ano a comunidade coincidindo co inicio do Advento convoca unhas xornadas de reflexión co título "Dereitos sociais e cidadanía". As xornadas están divididas en dous días:

– O venres o convidado será Manolo Saez (membro de Baladre) que nos achegará á renda básica dos iguais nunha charla titulada "A renda básica: unha alternativa posible" e que comezará ás 21.30 h.

– O sábado pola tarde Pancho Salinas (ex-director da revista Documentación Social) na charla "Dereitos sociais como dereitos de cidadanía" exporá un camiño posible dende unha política de servizos sociais, basada na prestación de servizos, a unha política de dereitos esixibles, por exemplo: dereitos a vivenda, a ter ingresos suficientes para vivir, etc. A charla será ás 17.00.

As charlas serán no salón de actos da parroquia Cristo da Victoria en Coia (Baiona 9).