Concentración pola morte de dous compañeiros na Lama

A pasada semana finaron dúas persoas veciñas de Vigo en condicións especialmente duras, unha de elas no centro penitenciario de A Lama.

Por prudencia e pudor non imos dicir en que condicións nin os seus nomes.

A persoa finada na cadea era irmán dun compañeiro de Sereos.

Na honra dos finados e acompañamento no duelo aos seus familiares e amigos, o vindeiro martes 19 ás 11 da mañá, na Praza da Constitución imos facer unha concentración; marcaremos no chan un espacio, simulando ser o patio da prisión de A Lama e durante 15 minutos permaneceremos nese espacio, a poder ser descalzos, só con calcetíns vermellos.

{mosimage}