Comunicación do grupo de inmigrantes

O pasado sábado día 9 de maio asistimos a un encontro con algunhas Asociacións de Inmigración, Emigración e Retorno convocado polo FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN.

O primeiro motivo da xuntanza era presentarnos a III ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN, EMIGRACIÓN E RETORNO que se celebrará o domingo 25 de Maio na Coruña e na que se espera que participen 71 asociacións de todo Galicia. Celebrarase no Forum Metropolitano da Coruña entre as 10 e as 18 horas. Algunhas asociacións de Vigo -AIDA e GAPE- xa solicitamos un bus á Concellaría de Benestar Social para facilitar o desplazamento.

Nesta Asemblea haberá tempo de traballo: debater propostas para mellorar a Lei de Extranxeiría que antes traballaremos nas asociacións; e tamén proposta de obradoiros e actividades a achegar no Foro Social Mundial das Migracións. Haberá tempo de manifestación no Parque de Europa ás 13 horas. Xantar obsequiado polo Concello da Coruña. E terminarase cun festival intercultural.

Tamén se presentou o FORO SOCIAL MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS que se celebrará en Rivas-Vaciamadrid os días 11, 12 e 13 de setembro. Neste foro espérase unha participación numerosa das asociacións galegas. Tamén podería haber unha representación da nosa parroquia entre as entidades galegas. Para decatarse do contido e organización deste interesante foro estase preparando unha información que poderá consultarse na páxina web: www.fsmm2008.org.