Presentamos este documento (o podedes descargar neste enlace) que analiza as reformas na lei de estranxería, aquí tedes a introdución:
"Reforma anunciada, esperada, necesaria para adaptar a lei á nova realidade da sociedade española que a inmigración configura.
Pero desacertada e inoportuna tanto dende o punto de vista dos dereitos e a integración das persoas inmigrantes coma da construción unha sociedade máis democrática e máis garantista, máis igualitaria, cohesionar.
É unha reforma inoportuna porque o contexto socio-económico no que se puxo en marcha, é un contexto de crise económica, de destrución de postos de traballo, de incremento do paro sen precedentes, de aumento da precariedade para moitas familias."