Celebramos un ano máis a festa popular de "A Bouza" co lema: Estamos fartos de promesas. Centro Cultural, xa!
A asociación xuvenil Luar organiza a xeito de preámbulo unha acampada na Bouza, na que aproveitando a reivindicación do centro cultural, tratará de facer unha reflexión sobre participación cidadá e movementos de barrio.
As actividades organizadas polo Movemento Cidadán e pola asociación xuvenil Luar son:
Venres 20 de xuño
19.00 – Acampada na Bouza dos máis novos que comezará coa montaxe de tendas.
20.00 – Documental "Tornallom" e coloquio coa presenza de membros do movemento veciñal do barrio.
22.00 – Cea común.
00.00 – Durmida.
Sábado 21 de xuño
12.00 – Obradoiro linux: acude co teu ordenador xa que achegarémonos ao software libre coa instalación de Ubuntu 8.04
12.30 – Xogos populares para os máis pequenos
14.00 – Xantar comunitario na carballeira de A Bouza
17.00 – Xogos populares
19.00 – Baile tradicional co grupo folclórico "Virxe da Seca" (Valladolid) e grupo de baile de Rueiro.
21.30 – Cea comunitaria na carballeira
22.00 – Verbena popular
23.00 – Remate da festa, a Queimada!
«Fai barrio´´ é o lema do próximo acto de a.x. Luar o 20 e 21 de xuño. A petición do Centro Cultural ás autoridades desta cidade como un dereito do barrio de Coia centrará as xornadas.
Aproveitando esta reivindicación, trataremos de facer unha reflexión sobre participación ciudadá e movementos de barrio a través das actividades descritas no programa.
Deste xeito,reclamamos marcos de participación activa por parte da sociedade civil dentro das institucións públicas, espazos políticos negados de xeito continuado a unha sociedade denominada democrática.
I am not really great with English but I find this real leisurely to interpret.