Acto de Imán para recadar fondos

A asemblea permanente de persoas sen teito , profesionais e voluntarios, ante a persistente situación de persoas enfermas maldurmindo en choupanas, convocamos para o martes, día 17 de xuño, na rúa do Principe, diante do museo Marco, a partir das 18.00 h, un acto solidario para recaudar fondos económicos e poder así pagar as estancias dalgunhas persoas enfermas en pensións ou hostais.

{mosimage}

Presentamos o escrito enviado aos medios de comunicación:

É este un acto de emerxencia social e de denuncia xa que as administracións non están respondendo con urxencia e eficacia, chegándose a dar altas hospitalarias a persoas gravemente enfermas que retornan directamente as choupanas.

A bolsa de solidariedade á que recurríamos ocasionalmente acumula débedas ás que non se pode facer fronte.

Denunciamos con este acto as promesas incumpridas por parte das diferentes administracións.

Tomamos esta decisión dada a escasez de recursos económicos destinados dende as administracións para emerxencia social e a falta de resposta inmediata, no aquí e agora.

Pedimos a tódalas persoas e organizacións que recibades esta mensaxe o reenviedes a canta máis xente mellor para que se acheguen a colocar ese euro ou mais que formará unha cadea solidaria perfilando esa vivenda a que todolos seres humanos deberiamos ter dereito.

Informamos con satisfacción a importante melloría que vimos observando nas persoas que temporalmente son aloxadas en pensións ou hostais.

Este acto está comunicado polas vias reglamentarias á Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a policía local.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.