Dende a ODSCoia achégannos esta nova sobre a proxección da curta «O barco na rotonda. A historia de Diego», que irá seguida dun faladoiro sobre unha mobilización na que participaron moitas persoas da nosa comunidade parroquial:
Van facer 8 anos do 4 de decembro de 2014. Esa mañá un grupo de veciños e veciñas interrumpiron as obras que o concello de Vigo acometía na rotonda de Castelao. Poñendo os corpos querían manifestar a súa oposición á instalación do «Bernardo Alfageme», que supuña dilapidar unha enchenta de cartos, mentres moitas persoas tiñan que escoitar do mesmo concello que non había cartos para cubrir necesidades básicas das familias máis empobrecidas.
Aconteceron unha chea sucesos neses meses que o director manchego Óliver Garvín recolle na curtametraxe titulada «O barco na rotonda. A historia de Diego». O martes 23 de agosto a partires das 20:00 presentaremos, da man do director e de persoas da asemblea aberta de Coia, a curta que logo dará pé a un faladoiro sobre aqueles meses de loita na rotonda. A estrea será no salón de actos da parroquia do «Cristo da Vitoria» de Coia, lugar no que o 3 de decembro convocouse unha asemblea aberta que deu inicio a esta mobilización.
Achegamos o vídeo #moitopeixerompearede que fai un repaso desta loita.