TRALOS PASOS DE XESÚS: 1º DOMINGO

Para a Coaresma deste ano, na liña introspectiva que estamos a tratar de recuperar nos últimos anos, propomos como lema xeral o que figura no encabezamento desta entrada: «TRALOS PASOS DE XESÚS».

A nosa proposta está concibida como un percorrido espiritual «Tralos pasos de Xesús». Así, seguindo as súas pegadas, este camiño nos leva primeiro a atravesar o deserto (1º domingo), despois a ascender á montaña (2º domingo) e por fin a retornar ao mundo para transformalo (3º domingo). A continuación habería a busca continuada da verdade para acertar na nosa acción transformadora (4º domingo) e, por último, o quinto domingo, o retorno ao deserto dende a convicción de que hai que renunciar aos nosos egoísmos («morir») para poñer todo o sentido da vida na comunidade fraterna á que pertencemos.

Domingo 1º de Coresma (21 de febreiro de 2021): A EXPERIENCIA DO DESERTO

Neste mundo de pandemias, máscaras, crises e distanciamento social, a coresma segue a ser -quizais máis ca nunca- tempo propicio para a interiorización, para retirarnos á soidade do deserto, para afondar no noso interior e procurar con acougo as mesmas respostas que buscaba Xesús: ¿Quen son? ¿Que camiño escollo para a miña vida?

Axiña o encamiñou o Espírito ó deserto. Alí permaneceu corenta días, alí o tentou Satán; vivía entre as feras, e servíano os anxos. Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anunciar a Boa Nova de Deus, dicindo: O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova. (Marcos 1, 12-15)

A imaxe coa que iniciamos o noso camiño coresmal este primeiro domingo tédela aquí: