Guatemala: Crónicas del Quetzal

As compañeiras do Comité Óscar Romero envíannos o último número dos «Documentos del Ocote Encendido», adicado esta vez de maneira monográfica á situación de Guatemala, baixo o título: Crónicas del Quetzal.

O documento recolle dous textos ben diferentes pero complementarios para coñecer a actual situación do pequeno país centroamericano, golpeado tanto polo cambio climático como por una violencia política que parece non ter fin.

Como sempre, os «Documentos do Ocote Encendido», co seu reducido formato, son unha gran oportunidade para achegarnos ás inxustizas ocultas polos grandes medios de comunicación. Bo exemplo é o caso de Guatemala, vítima histórica das desigualdades e dos abusos de poder.

Podedes descargar o texto completo neste enlace: