O cristianismo comprometido de Arcadi Oliveres

Recentemente difundiuse a nova de que Arcadi Oliveres, un referente do compromiso social, está gravemente enfermo. A súa familia habilitou un espazo virtual para que todas as persoas que o desexen lle manden unha mensaxe de cariño e apoio.

Dende aquí queremos aproveitar esta circunstancia para, unha vez máis, dar a coñecer o traballo comprometido e solidario deste «cristiano heterodoxo», como el mesmo se definiu nalgunha ocasión. Estamos convencidas de que esa heterodoxia sempre será un espello no que mirarnos, un exemplo a seguir por quen se sinta implicado no camiño iniciado por Xesús de Nazaret.

Unha das nosas obrigas é ser voz da verdade, mesmo no medio do deserto mediático que nos oprime e con frecuencia nos desinforma. Arcadi ten sido unha desas voces insobornables e honestas que máis teñen contribuído a revelarnos as miserias dun sistema que xera inxustizas e violencias sen fin.

Como mostra do seu traballo e da nosa admiración polo seu labor, deixámosvos dúas entrevistas, unha máis centrada en aspectos relixiosos e outra moi recente sobre temais máis xerais, e tamén tres vídeos que, como todos os seus, non teñen desperdicio.

Unha vez máis, grazas, Arcadi, polo teu exemplo, pola túa palabra comprometida e solidaria: