Estabamos a desexar que chegase o 12 de novembro para celebrar o noso Magosto Popular. Os prognósticos meteorolóxicos non eran o máis halagüeños. Soamente a incesante choiva matinal obrigo a desenvolvelo baixo unha carpa nos baixos da Parroquia Cristo da Vitoria, no canto do Parque de A Bouza.
A pesar deste cambio o programa cumpriuse como estaba previsto.
As castañas e o viño da Terra foron as protagonistas durante toda a tarde e máximo cando se servían cunhas deliciosas filloas.
Cos cantos e a música popular do Grupo invitado, O “Mosteiro” de Pexegueiro e xunto cos de casa, os de Rueiro, conseguiron afastar as nubes e crear un bo clima de festa.
Damos as grazas á gran colaboración de todo o mundo tanto na loxística como na organización e sobre todo ao público fiel que nunca nos falla
Repetiremos no 2017!