Domingo 20 – Construíndo o mundo que queremos

Este domingo 20 temos unha cita en Vigo! Durante todo o día, as ONGD da Rede Social Galicia Sur, a Coordinadora de Movementos Sociais e Impórtanos estaremos no Mercado do Calvario nunha xornada lúdica na que falaremos e daremos a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: a nova axenda de loita contra a pobreza global aprobada polas Nacións Unidas. Farémolo a través de obradoiros, xogos, concerto, degustacións… Animádevos a participar e contruír con nós o mundo que queremos

Na nosa Comunidade do Cristo da Victoria dámoslle pulo á xornada organizada pola Rede Social Galicia Sur, a Coordinadora Galega de Ongd e Impórtanos que se vai celebrar este domingo 20 de novembro no Mercado do Calvario.

Haberá xogos e obradoiros todo o día para persoas adultas, nenos e nenas a cargo das ONG organizadoras e outras actividades. O horario das acividaades é pola mañan de 12 a 14,30 e pola tarde de 16,30 a 19 horas:

13:00 h – 14:15: Concerto de TARDIS Band e degustación de produtos de Comercio Xusto

17:00 h- 17:45: Sesión de contacontos con música a cargo de Beatriz Campos e Davide González

18:00 – 18:30 h: Desfile de moda de Comercio Xusto

18:45 h: Lectura do manifesto e peche

Esperamos a participación de moitas personas da comunidade. Será unha xornada preciosa. Poñemos a continuación enlaces cos materiais de apoio: