Crònica do Magosto 2016

Estabamos  a desexar que chegase o 12 de novembro para celebrar o noso Magosto Popular. Os prognósticos meteorolóxicos non eran o máis halagüeños. Soamente a incesante choiva matinal obrigo a desenvolvelo baixo unha carpa nos baixos da Parroquia Cristo da Vitoria, no canto do Parque de A Bouza.

A pesar deste cambio o programa cumpriuse como estaba previsto.

As castañas e o viño da Terra foron as protagonistas durante toda a tarde e máximo cando se servían cunhas deliciosas filloas.

Cos cantos e a música popular do Grupo invitado, O “Mosteiro” de Pexegueiro e xunto cos de casa, os de Rueiro, conseguiron afastar as nubes e crear un bo clima de festa.

Damos as grazas á gran colaboración de todo o mundo tanto na loxística como na organización e sobre todo ao público fiel que nunca nos falla

Repetiremos no 2017!