Da Coordinadora de Crentes Galegos chéganos a convocatoria da Asemblea anual. A Coordinadora de Crentes Galegos agrupa a comunidades de base e grupos cristiáns de toda Galicia entre os que están as comunidades da nosa parroquia do Cristo da Victoria («comunidade base coia»).
Ola a tod@s:
O sábado 2 de abril a partir das 10 da mañá no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño (Santiago), celebraremos a Asemblea da Coordinadora de Crentes Galeg@s. Este ano o tema será «A Violencia de Xénero: o machismo mata» e estarán connosco Tareixa Ledo Regal (Terapia de Reencontro) e representantes da Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria e da Rede Veciñal de Mulleres contra a Violencia de Xénero de Vigo.
O horario aproximado será o seguinte:
10:00 – 10:30 h. Acollida
10:30 – 12:00 h. Actividade para identificar nas nosas propias vidas experiencias de maltrato e bo trato (Tareixa Ledo Regal)
12:00 – 12:30 h. Descanso
12:30 – 14:00 h. Presentación do documento «A Violencia de Xénero» da Asoc. MCG Exeria e traballo por grupos.
14:00 – 16:00 h. Xantar compartido e paseo/café
16:00 – 17:30 h. A experiencia da Rede Veciñal de Mulleres contra a Violencia de Xénero de Vigo. Conclusións.
17:30 – 18:30 h. Celebración e Despedida.
Mandámosvos a invitación que fixo Marisa para que a difundades e convidedes a todas aquelas persoas que pensedes que lles pode interesar.
Un saúdo e Boa Pascua!
Coordinadora de Crentes Galeg@s