Asemblea de Crentes Galegos 2016

Da Coordinadora de Crentes Galegos chéganos a convocatoria da Asemblea anual. A Coordinadora de Crentes Galegos agrupa a comunidades de base e grupos cristiáns de toda Galicia entre os que están as comunidades da nosa parroquia do Cristo da Victoria («comunidade base coia»).

Ola a tod@s:

O sábado 2 de abril a partir das 10 da mañá no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño (Santiago), celebraremos a Asemblea da Coordinadora de Crentes Galeg@s. Este ano o tema será «A Violencia de Xénero: o machismo mata» e estarán connosco Tareixa Ledo Regal (Terapia de Reencontro) e representantes da Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria e da Rede Veciñal de Mulleres contra a Violencia de Xénero de Vigo.

O horario aproximado será o seguinte:

10:00 – 10:30 h. Acollida

10:30 – 12:00 h. Actividade para identificar nas nosas propias vidas experiencias de maltrato e bo trato (Tareixa Ledo Regal)

12:00 – 12:30 h. Descanso

12:30 – 14:00 h. Presentación do documento «A Violencia de Xénero» da Asoc. MCG Exeria e traballo por grupos.

14:00 – 16:00 h. Xantar compartido e paseo/café

16:00 – 17:30 h. A experiencia da Rede Veciñal de Mulleres contra a Violencia de Xénero de Vigo. Conclusións.

17:30 – 18:30 h. Celebración e Despedida.

Mandámosvos a invitación que fixo Marisa para que a difundades e convidedes a todas aquelas persoas que pensedes que lles pode interesar.

Un saúdo e Boa Pascua!

Coordinadora de Crentes Galeg@s