Máis de 400 organizacións e colectivos do estado español adheríronse ao Manifesto contra o Pacto Europeo de Migración e Asilo. Centos de manifestacións e concentracións desenvolveránse nos vindeiros días ata o 10 de abril para deter esta barbarie en España e en toda Europa. O día 11 é a data prevista para asinar este tratado.
Nós tamén quixemos sumarnos a estas mobilizacións de denuncia. Por iso, as organizacións que conformamos a Rede Social Galicia Sur convocamos un círculo de silencio o pasado xoves, día 4 de abril, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz.
O Pacto Europeo de Migración e Asilo terá catastróficas consecuencias para as vidas de millóns de persoas, familias, nenos e nenas que foxen de persecucións, guerras, espolio e xenocidios.
O Pacto pretende legalizar as maiores vulneracións e represións contra estas persoas e os seus dereitos, e pretende por primeira vez desde a segunda guerra mundial arrincar a universalidade dun dereito recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos: o dereito a asilo.
As comunidades afectadas, as organizacións da sociedade civil, colectivos e defensores dos DD.HH. xunto coa cidadanía, erguemos as nosas voces en loita contra esta nova realidade que se pretende, chea de sufrimento humano e vulneracións dos principais dereitos fundamentais e do Menor.
(continúa no manifesto adxunto)